Albert Plá

Maio 30, 2013

nota:
‘Manifestación’ é un espectáculo musical e teatral que conta a historia dun home atrapado nunha manifestación que non ten fin

O artista e cantautor catalán Albert Pla trae a Galicia o seu último espectáculo, ‘Manifestación’, que os seus fans poderán ver en Ourense (Teatro Principal) o xoves 30 de maio e en Santiago (Teatro Principal) o venres 31. Trátase dun espectáculo teatral e musical que bucea no sensentido dun home perdido nunha manifestación que non remata nunca.

Sarcástico, peculiar, hermético… Albert Pla constrúe en ‘Manifestación’ unha obra que relata la experiencia de un hombre extraviado nun caos de marchas antisistema, antiaborto, independentistas e cargas policiais. Todo acontece sobre un escenario presidido por un contundente lema: “Tu vida es una puta mierda y tú lo sabes”.

“Manifestación” está a percorrer toda a Península e os únicos concertos en Galicia teñen lugar en Santiago e Ourense. É un espectáculo baseado nunha idea orixinal do propio Albert Pla e dirixido por Pepe Miravete.

Albert Pla (Sabadell, 1966) é un compositor e músico con personalidade peculiar, ás veces polémico e outras infantil, outras axitador social pero sempre interesante e cun toque de humor. Comezou no mundo da música ao gañar en 1988 a IV Mostra de Canción de Autor de Jaén e desde entón non parou de facer música e de publicar discos (leva 11), tanto en catalán coma en español. É Premio Nacional de Música da Generalitat de Cataluña, Premio Ícaro de Diario 16 e ‘Novos Intérpretes’ de Rockdelux, entre moitos outros.

Sinopse

“A el teríalle gustado matar un par de polis ou de banqueiros, ou de empresarios sen escrúpulos, pero ao final, como todo o mundo, decide unirse a unha manifestación contra o sistema. Peeeero… a mani antisistema colisiona con outra antiaborto e para escapar dunha carga policial refúxiase nunha protesta independentista. Hai tantas manis colapsando a cidade que é imposible fuxir da protesta.

‘Manifestación’ é a historia dun home atrapado entre unha mani que non ten fin.”

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook