Albert Pla

Xaneiro 25, 2020

nota:

Albert Pla presenta este sábado en Compostela o seu novo espectáculo, ‘Miedo’
“Miedo”, de Albert Pla – sábado 25 de xaneiro, 20.30h, 14€ (Auditorio de Galicia)
Trátase dun espectáculo no que integra música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas
Desde a súa estrea en Buenos Aires en 2018 leva petando ducias de auditorios por España e América Latina

O Auditorio de Galicia acollerá este sábado 25 de xaneiro o novo espectáculo do artista catalán Albert Pla, “Miedo”, no que afonda na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente.

O texto propón unha viaxe íntima por todas as etapas do home, desde a infancia até máis aló da vida terrea, cargado de sensacións, emocións e sentimentos nados da pantasma que habita na nosa mente. Alimentado polos nosos pensamentos: o medo. Nesta peza de teatro musical, concerto ou recital teatralizado, convídase a realizar un repaso cargado de ironía polos temores humanos cotiáns tales como o medo a un mesmo ou o temor á morte.

“Miedo” é un espectáculo de gran impacto visual onde a proxección é a gran protagonista e “nueveojos” un dos estudos de referencia en Europa e pioneiros no mundo do mapping súmanse ao proxecto (entre as súas creacións destacamos o mapping da Casa Batlló de Gaudi.)

Trátase de teatro musical, concerto ou recital teatralizado. Neste novo proxecto abundamos na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente.

Detrás de “Miedo” hai grandes artistas alén do propio Pla: As músicas foron compostas por Raül Refree: músico, compositor e un dos produtores musicais máis talentoso de España. A achega do deseño de arte é de Mondongo, Juliana Lafitte e Manuel Mendanha, unha parella de artistas arxentinos de recoñecido prestixio no mundo da arte que expoñen en museos e galerías de todo o mundo. O director teatral Pepe Miravete, convértese nun habitual da casa volvendo dirixir este novo espectáculo.

A estrea mundial foi en Buenos Aires no Teatro Regio do 25 de xaneiro ao 11 de marzo de 2018, sumando un total de 28 funcións co teatro cheo e o público en pé. É unha produción do Complejo Teatral de Buenos Aires.

Teaser “Miedo”:

Facebook

20:30 h.
Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
14 €