Alba Messa

Xaneiro 12, 2018

nota:

2/Jan/2018 – 11:00pm

Alba Messa

Subiu por primeira vez a un escenario cando tiña seis anos. Comezou a cantar mentres facía crebacabezas e xogaba con bonecas debaixo da mesa do salón… Disto pasou a participar en concursos infantís como Menudas Estrellas e o Veo Veo de Teresa Rabal. Foi nena coplera e saetera, galega, o cal a convertía nunha especie de becho raro que chamaba bastante a atención da xente. A cultura musical da súa casa ía de Rocío Jurado a Rocío Durcal e pasaba pola Pantoja, e por Marifé de Triana nalgunha curva. Ao desembocar na radiofórmula, a vida deulle un bo xiro; quería cantar como Celine Dion e Christina Aguilera! Á súa nai aqueles novos gustos non lle facían moita graza e, un día, apareceu Internet… E xa a perdeu para sempre. Empezou a escoitar e coñecer e escoitar e coñecer, e, ós poucos, o seu eu cantante e o seu eu artista seguiron outros rumbos. Estudou guitarra, piano, linguaxe musical, canto… A partir dese momento empezaría unha infancia repleta de actuacións nas televisións e radios locais, galas por toda Galicia e premios como o primeiro no Téquele Téquele (1998) e (en dúas ocasións) no Veo Veo. Tamén houbo escapadas a Madrid, por exemplo para participar en Menudas Estrellas. Cantou durante máis de 15 anos saetas cada Semana Santa en Lugo e noutras cidades da comunidade autónoma e foi asidua dos programas da TVG, como Luar e Tardes con Ana. Despois de protagoniza-la serie Os Atlánticos, a súa carreira disparouse, ademais, a nivel nacional. Compuxo as súas primeiras cancións cando adolescente e, así mesmo, comezou a exercer de profesora de canto moi nova. Compaxinou a carreira como actriz en cine, televisión e teatro, con musicais como La ópera de los tres reales e Tarzán, a publicación de varios singles como «Días», «Tú y sólo tú» e «Sola» en plataformas dixitais, concertos acústicos con repertorio propio e numerosas actuacións como cantante en televisión… Apareceu na segunda tempada da serie El piso e ofrecía en cada capítulo unha versión dun hit do verán —así naceron Las Mamarrachadas de Mesa—. Tamén compuxo a música da obra de teatro Sin Vacaciones de Juanmi Díez e a canción final da película La mujer que hablaba con los muertos. No 2015 tomou a decisión de apostar pola súa carreira musical coa mesma forza que apostou pola carreira como actriz… E aquí segue…!

AXENDA

Facebook

14 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Club Clavicembalo, Lug.