Alba María

Xullo 18, 2015

nota:

A cantante compostelá Alba María protagonizará o concerto nocturno de arrinque da programación Artellando, enmarcada dentro das Festas do Apóstolo 2015. Será este sábado, 18 de xullo, a partir das 23:00 horas, na Praza do Toural.

A voz máis nova da música galega

Alba María gañou en 2014, con só 19 anos, o I Certame de Música de Autora en Galego do Concello de Teo. O premio foi a gravación do seu primeiro disco, Aínda, cunhas letras e unhas melodías que sorprenden e seducen a quen as escoita. Compositora, regueifeira, cantora, performer… o disco, editado por aCentral Folque, presentouse a finais de 2014 e, desde entón, Alba María está de xira dentro e fóra de Galicia.

Para os concertos ao vivo Alba María conta cunha banda de excepción: ademais da súa voz, acompáñana no palco o veterano músico de jazz Felipe Villar (á guitarra), o compositor e arranxista cubano, produtor musical do disco, José Manuel Díaz (ao contrabaixo) e Chus Pazos (á batería). Un cuarteto de luxo que ofrece un directo contundente coa saiba máis nova da música galega actual.

De Alba María di Ugia Pedreira (cantante de Marful): “Fiandeira fina, paixonal, exuberante, audaz, sutil, comprometida sem evidencias e com prodigioso talento natural para fazer coplas e canzons, apressenta-se na música do pais conscente de que a sua arte dirige-se á aceptazom própria como primogénito início. Ao meu entender, nom hà maior nivel de honestidade na incursom artística”.

sbore Artellando
e sobre o disco de Alba María

AXENDA

Facebook