alba maría “aínda”

Abril 22, 2015

Hai un ano, o xurado do I Certame de Canción de Autor en Galego “Concello de Teo” eliximos como gañadora a esta viguesa. Entre os premios que recibiu figuraba a gravación deste disco de oito temas que edita a Central Folque. E precisamente unha pléiade de músicos vencellados a esta acaban de dar brillo a unhas composicións que confirman que non andabamos errad@s. Aquí hai talento, proxección e personalidade de seu. Seguramente falarase máis doutros discos con forza mediática, pero a música galega non pode permitirse o luxo de obviar unhas cancións coidadas e matizadas, de diversidade estilística equilibrada e unhas letras moi por riba da media.

Se cito a Marful e Ugia Pedreira como referencia sei que non ando nada despistado. Os textos son notablemente maduros e traballados para unha muller que vai cumprir os 20 anos e non é menos notoria a súa querencia por ritmos de ambos lados do Atlántico (morna, swing, jazz, blues, bossanova, habaneira … e a terra natal, claro). Porén, seguro que o acabado non sería tan elegante sen o labor na produción musical de José Manuel Díaz (contrabaixo), arranxista de 6 das cancións. Se os outros dous corresponden a Alejandro Vargas (piano) e temos a Carlos Freire nas percusións, Ariel Ninas na filarmónica, Pedro Pascual no acordeón diatónico ou Óscar Fernández na zanfona, só podemos esperar música de calidade.

“Habaneira de Berlín”, “Pretéritas perfectas”, “Rúa vella” ou “Cabaleira”, por non citar practicamente todos os títulos, deixan o listón alto para unha proposta debutante á que non lle presta soar de fondo e que vale para xente nova e máis maior. Á primeira polas emocións máis ou menos xeracionais das que fala e á segunda polas sonoridades recoñecibles. E a ambas pola beleza coa que se expresan. Como di no libriño esta estudante de Filoloxía Galega, “Aínda hai quen fai e crea e conta, sen deixar de beber dos tempos do pasado.” Por se faltase algo, o proxecto gráfico d”O Pastor remata como cómpre a edición física.

Pepe Cunha, 22-abril-2015

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook