Alba María

Abril 23, 2014

nota:
O local da Folque inicia unha programación de actividades para este semestre de 2014 que comeza cun recital acústico e próximo a cargo da novísima cantora Alba María acompañada de Queco Díaz nun percorrido con reviravoltas de blues e tintes de improvisación oral desde unha persperctiva feminina e galega.

Alba María entrou por primeira vez no local da Folque interesada polas aulas de canto de Paulina Ceremuzynska no final da primavera de 2013. Desde entón comezou unha continúa relación con aCentral Folque e a Escola Livre da MPG. Moradora tamén no bairro de Vista Alegre e estudante de Filoloxía da USC, ten gañado varios premios sobre a improvisación e regueifa organizada polos CEIPs a nivel galego.

Alba María é a gañadora do I certame de canción de autor en galego do concello de Teo en 2014.

AXENDA

21:00 h.
Local da Central Folque, Santiago de Compostela.
3 €