Alba Barreiro Trío

Agosto 05, 2020

nota:

Comeza o Noia Harp Fest, ou o Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, co concerto da arpista viguesa Alba Barreiro, que presenta en formato trío o primeiro traballo discográfico dedicado á música galega transcrita para arpa pola propia intérprete. En “Eixos Cromáticos” Alba expón unha proposta novidosa baseada na música de dous grandes da música culta galega de principios do século XX: Andrés Gaos e Jesús Bal e Gay. Será o dia 5 as 22h. no Teatro Coliseo Noela.

Alba Barreiro é a gran referencia da arpa clásica de pedais en Galicia. Formada en Galicia, Salamanca e o País Vasco con mestras do talle de Frederique Cambreling ou Christine Icart, colabora habitualmente coa Real Filharmonía e coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Foi a protagonista da estrea de Pórtico de Monteagudo, obra para arpa e orquestra do compositor Juán Durán escrita para ela (que poden ver aquí: https://youtu.be/AxgkGcfSHJ4). Actualmente é profesora de arpa no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Presentará en Noia a súa primeira produción discográfica, ‘Eixos Cromáticos’, dedicada á transcrición para trío de arpa, frauta e viola de obras pertencentes a ilustres compositores galegos como Andrés Gaos ou Jesús Bal y Gay.

Ata o de agora ninguén adaptara este tipo de repertorio para este instrumento. Hai dous anos empezou a transcripción musical de obras de piano e de orquestra de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay. Foi un minucioso traballo de adaptación de densas partituras orquestrais a un reducido grupo de cámara de tres instrumentos así­ como obras para arpa soa a partir de pezas para piano. Tras varios meses elaborando as partituras arranxadas, comezou a gravar este primeiro traballo discográfico: Eixos Cromáticos con Xulio Abal aos mandos da gravación e acompañada nas pezas de trío por Margarida Mariño no cello e Julia Estévez na frauta.

O título do disco móvese arredor do concepto de cromatismo, moi presente na obra de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay mais en dúas liñas moi diferentes: mentres que Gaos utiliza unha harmonía moi cromática e con continuas modulacións, Bal y Gay basa o seu estilo en continuos contrastes tímbricos utilizando a intrumentación e xogos tonais. A arpa de pedais encaixa á perfección debido á súa versatitidade harmónica facilitada polo sistema de pedais e pola gran variedade tímbrica que ofrece.

O Noia Harp Fest está organizado polo Concello de Noia, co apoio da Deputación da Coruña.

22:00 h.
Teatro Coliseo Noela, Noia.