Ala. Ni

Novembro 29, 2016

nota

Detalles
ALA.NI é unha intérprete de natural elegancia e sofisticación, cuxa base é o jazz vocal norteamericano e os musicais de Broadway que floreceron nas décadas dos 30 aos 40 con talentos como Billie Holiday ou Judy Garland. Os talos do soul, o blues e o góspel completan o ramo sostido por ALA.NI que, desprovista de pretensións, preséntase ante a audiencia únicamente armada da súa voz e os seus infinitos brazos, proxectándoos con cada delicada e vívida nota. Na súa mocedade, esta londinense de orixe caribeña, aprendeu a cantar, bailar e actuar no Sylvia Young Theatre School, tal e como fixera no seu día Amy Winehouse. Co tempo, compaxinou a súa profesión de corista –colaborando con Damon Albarn, Blur ou Mary J. Blige- cos seus estudos cinematográficos ou a presentación da súa primeira colección de moda. O seu album inaugural “You & I” (2016), chega tras un regreso ás súas orixes, un exercicio de honestidade e ardua dedicación á creación musical. Os seus temas revelan ese gusto exquisito por recuperar a esencia de sons esquecidos das eras do branco e negro, a recreación dun mundo aínda inocente e pacífico.

Ciclo Vello, Raro, Novo. Música y coleccionismo
Entradas: 5 euros. En Entradas ABANCA Discos_Portobello, recepción museo.

AXENDA

21:00 h.
MAC, Museo de Arte Contemporáneo, A Coruña.
5 €