nota:
“Que suenen con alegría” AINHOA ARTETA & ESTRELLA MORENTE- 26 decembro no Auditorio de Galicia (21.00h)
O Auditorio de Galicia acollerá un evento único en todo o noroeste peninsular: o concerto de Nadal “¡Que suenen con alegría!” protagonizado desta volta pola soprano vasca Ainhoa Arteta e a cantaora andaluza Estrella Morente. Será o martes 26 de decembro e as entradas para o acontecemento musical deste final de ano xa están á venda en ticketea.com.
O grande atractivo deste concerto é, sen dúbida, a coincidencia por primeira vez nun escenario de Ainhoa Arteta (Medalla de Oro ao Mérito nas Belas Artes) e Estrella Morente (Premio da Música), auténticas damas da canción española, que unen os seus talentos para regalarnos un concerto exclusivo no que interpretarán e reinterpretarán unha serie de temas seleccionados do cancioneiro navideño español xunto a versións de clásicos de sempre e novas composicións musicais junto a versiones de clásicos de siempre y nuevas composiciones musicales.
“¡Que suenen con alegría!” é máis que un concerto de Nadal. É un espectáculo único para gozar destas datas dun xeito diferente. Cunha posta en escena que vai máis alá do concerto, o espectáculo ten un carácter eminentemente popular: debulla un repertorio músico-vocal tradicional recoñecible polo gran público; se ben ofrecido en versións (inéditas e coidadas ao máximo) que exploran as vertentes máis memorables e festivas destas cancións e panxoliñas, auténticos ‘números un’ da nosa memoria colectiva.
Ainhoa Arteta Ibarrolaburu (Tolosa, 1964) é unha soprano vasca que debutou na Ópera de Palm Beach en Florida en 1990 como Clorinda en ‘La Cenerentola’ de Rossini. Desde entón ten ofrecido concertos por todo o mundo, entre os que destaca o recital na Casa Branca durante o goberno de Bill Clinton. Ten colleitado numerosos premios, como a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España (2015); a Medalla de Ouro do Palau da Música de València ou o Premio da Hispanic Society of America.
Estrella Morente Carbonell (Granada, 1980) é unha cantaora de flamenco española nada nunha destacada familia na que o seu pai, Enrique Morente, tamén é un destacado cantaor, e a súa nai -Aurora Carbonell-, bailaora. Tamén os seus irmáns se dedican ao cante flamenco. É unha das voces máis destacadas do panorama flamenco actual. Con varios discos no mercado, ten participado en bandas sonoras de varios filmes, entre eles, ‘Volver’, de Pedro Almodóvar.
Ficha artística
AINHOA ARTETA
ESTRELLA MORENTE
Lucía Moreno – piano
Santiago Lara – guitarra (colaboración especial)
Diego Villegas – vientos-madera
Antonio Corrales – contrabajo
Eduardo Aguirre de Cárcer – percusiones
Músicos flamencos
Montoyita – guitarra
Antonio Carbonell – palmas y coros
Dirección artística: Francisco López (a partir dunha idea del mesmo e de Juan Pedro Aladro)
Entradas aquí: