Ailá

Maio 28, 2021

nota:

concerto de presentación do disco debú e homónimo da banda compostelá, xurdida nas noites de foliada na Casa das Crechas e representante de Galicia no Festival Celtic Connection 2020,

O grupo tradi Ailá presenta o seu primeiro traballo discográfico. O Auditorio Municipal de Cangas acollerá a partir das 20.00 horas o concerto no que a banda dará a coñecer o seu ábum debut, tamén nomeado Ailá, un traballo con aires de charanga e corazón de foliada. As entradas están dispoñibles en ataquilla.com.

Músicas festivas e de baile tradicional soarán no recinto cultural da man de Ángela Carou, Abel Gañete, Manuele Pardo e Xan Pampín (Radio Cos, Banda das Crechas), que dotan ao patrimonio cultural de sonoridades modernas. Soltos, agarrados, xotas e muiñeiras conforman un repertorio conformado por máis dunha ducia de temas que nacen de recollidas feitas en distintos puntos de Galicia e que Ailá completa con arranxos que beben de ritmos contemporáneos.

AXENDA

20:00 h.
Cangas do Morrazo.