nota:
Con motivo do Día das Bibliotecas, que se vén realizando o 24 de outubro, e para promover a lectura, a escoita e o visionado de libros, música e filmes en lingua galega, Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón outono 2019, con Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú en concerto
CUÁNDO:
25/10/2019
reparto de convites a partir do 14 de outubro
HORARIO:
21:00 h.
PRECIO:
gratuita con convite*
*os convites (máximo 2 por persoa) repartiranse nas Bibliotecas Municipais da Coruña con cada préstamo de libros ou material audiovisual en galego, dende o luns 14 de outubro até esgotárense (de sobraren convites, estarán ao dispor do público xeral o día do concerto a partir das 20.00 h na entrada do auditorio do Ágora)