Adriana Calcanhotto

Abril 27, 2018

nota:
Santiago de Compostela será a cuarta cidade que acolla o novo espectáculo da brasileira Adriana Calcanhotto (Porto Alegre, 1965), “A Mulher do Pau-Brasil”. Será o venres 27 de abril no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas nun concerto que forma parte da programación do Concello de Santiago.

Este espectáculo será estreado en Lisboa o 10 de marzo, para logo comezar a súa xira nos Azores, continuar no Porto e seguir en Compostela. Nestes concertos, Adriana Calcanhotto será acompañada por Gabriel Muzak (guitarra, mpc e voz), e Ricardo Dias Gomes (piano, baixo e voz).

Esta cantora e compositora foi nomeada Embaixadora da Língua Portuguesa pola Universidade de Coimbra en 2015 e ten desenvolvido un traballo de divulgación e estudo da literatura portuguesa en varias universidades europeas e brasileiras.

Inspirada polo movemento modernista brasileiro dos anos 20, no seu “Manifesto da Poesia Pau-Brasil”, a súa influencia sobre o Tropicalismo, e con base na aprendizaxe, pesquisa e traballos desenvolvidos como profesora e Embaixadora da Universidade de Coimbra, Adriana Calcanhotto creou un novo espectáculo, no cual reflicte todas estas novas experiencias.

Entre fevereiro e junho de 2017, a convite da Universidade de Coimbra, ofreceu clases sobre poesia portuguesa e brasileira, trovadores provenzais, galegos, a invención da lingua portuguesa e a canción popular do Brasil, a par de varios workshops integrados nunha residencia artística.

Adriana Calcanhotto
Adriana Calcanhotto iniciou a súa traxectoria artística a mediados dos anos 80 nos bares da súa cidade natal, Porto Alegre. Logo de destacar no circuíto máis vangardista de São Paulo, acadou grande repercusión cando foi convidada para cantar no Rio de Janeiro en 1989, o que a levou a publicar o seu primeiro disco, “Enguiço” (1990).

O álbum seguinte, “Senhas” (1992), foi o primeiro concebido e producido totalmente pola cantora. Logo publicaría “A Fábrica do Poema” (1994), que foi considerado pola prensa “o disco do ano”, no que estableceu parcerias con poetas e compositores como Waly Salomão, Péricles Cavalcanti, Cid Campos e Arnaldo Antunes.

Ao longo da súa carreira colaborou cos máis grandes artistas brasileiros, como Caetano Veloso e foi interpretado por grandes como Gal Costa, Ney Matogrosso, ou Marisa Monte, entre outros. En 2016 Maria Bethânia grava “Era pra ser”, escrita por Adriana especialmente para a cantora.

En 2004 xorde o heterónimo infantil Adriana Partimpim, que estreou en disco homónimo e se convertiu nun espectáculo teatral. Este proxecto recibiu o Grammy Latino na cateogría de mellor álbum infantil. Logo gravaría dous discos máis de estudo para crianzas.

Calcanhotto sempre foi unha artista total, cunha forte ligazón coas artes visuais e coa poesía. Asinou as ilustracións de “O Poeta Aprendiz” (2003), de Vinicius de Moraes e Toquinho, e “Melchior, o Mais Melhor” (2011), de Vik Muniz.

Entradas e máis información:

AXENDA

Facebook

18 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook