ADN

Xaneiro 24, 2019

nota:

ADN (jazz) – xoves 24 21:00 7€

Casa das Crechas ofrece o primeiro concerto do ano, que estará protagonizado por ADN, un cuarteto de Jazz creado no ano 1988 que volve á escena logo dun descanso de 12 anos no que os seus compoñentes crearon os seus propios proxectos.

Eles son por LAR Legido (batería), Rafa Morais (baixo), Antonio Bravo (guitarra) e José Nine (saxo), e o seu estilo é o jazz contemporáneo. Este espectáculo titúlano como “Concerto Espiritual”, onde a liberdade de expresión é o seu máximo expoñente.

Ao longo da súa vida anterior ADN ten actuado no Teatro Rosalía da Coruña ou no Festival de Jazz do Porto, alén de en numerosos clubes por todo o país.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
7 €