nota:
O dúo composto por Ana Pinhal e Francisco Almeida mestura maxistralmente dous estilos aparentemente tan distantes coma o flamenco e o fado.
Aquí poden acceder á ficha do grupo e ao vídeo promocional do seu single de presentación, “A Rosinha dos Limões” (que tamén se pode descargar aquí: https://vimeo.com/140057448) na nosa web: http://culturactiva.org/espectaculo.php?lang=ga&id=265
Fado Violado chega a Oleiros o sábado coa súa fusión de fado e flamenco. O concerto terá lugar no Auditorio A Fábrica, ás 20.30 horas, e as entradas estarán á venda no despacho de billetes desde unha hora antes, a 2,5 euros
O dúo pecha así en Galicia as actuacións desta semana polo norte da Península, xa que o xoves estarán en Bragança e o venres no Theatro circo de Braga
Un ano despois de estrearen o seu disco A jangada de pedra, e despois de máis de 30 actuacións por Portugal e o norte de España para presentalo, o dúo Fado Violado chega este sábado 13 de febrero ao Auditorio A Fábrica de Oleiros. Enmárcase este concertó nunha pequeña xira que comeza o xoves 11 no Teatro Municipal de Bragança, e continúa o venres 12 na cidade de Braga, no emblemático Theatro Circo. A actuación na localidade coruñesa está prevista para as 20.30 horas, no local da rúa do Inglés que fora fábrica de cervexas e hoxe é un acolledor auditorio. O concerto insírese
no III Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno, e as entradas poranse á venda a partir das 19.30 horas a un prezo de 2,50 euros, até completar a capacidade da sala (168 persoas).
Apuntados por moitos como un dos grandes valores portugueses da world music, os Fado Violado editaron o álbum A Jangada de Pedra despois dunha exitosa campaña de crowdfunding. O single de presentación, “A Rosinha dos Limões”, un clássico de Maximiano de Sousa, con letra de Artur Ribeiro. A voz da fadista Ana Pinhal acompañada pola guitarra de Francisco Almeida, que xa colaboraran anteriormente en BoiteZuleika, marca unha viaxe polas tradicións ibéricas, irmandando flamenco e fado, sen afastarse da branca, máxica e “saudosa” Lisboa. Despois desta xira aínda presentarán un novo single de autoría propia, “Fado de Deus Apercebido”.
O nome Fado Violado débese ao feito de que no proxecto non empregan a guitarra portuguesa, soamente a guitarra española (viola), pero tamén á intención de provocar os espíritos máis conservadores ou espertar a atención dos espíritos máis abertos á ironía.