adiado !!! Crema de Gaita

Maio 25, 2012

Unha base do noso mellor licor tradicional, destilado ao longo da aprendizaxe da música de raigame. Pasarán polo Bar Liceum de Porriño para presentar o seu primeiro disco “Tan Galego” ás 23:00 horas o próximo venres 25 de maio.

Crema de gaita é un grupo folk con insignia distintiva que abrangue formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova xa que entende que Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega. Non obstante, Crema de gaita non rexeita as influenzas euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Todo o noso apoio ás traballadoras da Crtvg Galicia Crtvg Galicia que están hoxe venres e mañá sábado en folga.Queren traballar, sen manipulación, sen represión, con pluralidade e para todas nós.Xa abonda de que non poidan amosar a súa verdadeira valía desde os medios públicos.Sempre, #DefendeAGalega.Defende A Galega Defende A Galega Defende A Galega.2️⃣5️⃣3️⃣ Venres Negros nos medios públicos galegos: contra a manipulación e a represión🤬🤬.📣E este coincide cunha nova xornada de folga, que se repetirá mañá✊🏿✊🏿#NonMáisAbusos #TodasAUnha#DefendeAGalega#VenresNegro253CRTVG ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Bar Liceum, O Porriño.
3 / 5 / 6 €