nota:
Segmento Cantábrico é o primeiro traballo da artista de Vilaronte (Foz), voz de Marful e Nordestina, entre outras formacións musicais asinado por ela co seu apelido, A Pedreira. O disco, de folk progresivo, aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano. Letras, poemas da propia Pedreira, do pintor-poeta vigués afincado en Londres Enrique Gavilanes, as Follas Novas de Rosalía de Castro, da poeta do Vol de Lourenzá Marina Oural, de Carvalho Calero e Xela Arias forman parte deste álbum.
Tipo de espectáculo: Folk progresivo / canción de autor / +INFO:https://youtu.be/eqfFUBGsmzc