acrobata: Ugia Pedreira & Fred Martins

Maio 09, 2014

Ugía Pedreira (Marful, Nordestin@s e ex-Chouteira) segue a consolidarse como unha das artistas máis activas da música galega. Hai uns anos viaxou ao Brasil e alí coñeceu a Fred Martins, a quen trouxo a tocar no ciclo de Músicas Portuarias en Ferrol e algún concerto máis. Seica desde o comezo houbo química entre eles e comezaron cantar, tocar e compoñer xuntos. Nestes tempos da Internet a súa colaboración puido ser via envíos de MP3 ou correos electrónicos, pero o Fred se asentou entre nós e este repertorio común foi crecendo cara a cara, na familiaridade, na distancia curta e con complicidade.

O seu exquisito dúo de voces e a sensibilidade do brasileiro nas cordas crea nos seus concertos unha atmosfera de intimidade e agarimo que agora presentan en disco. Iso si, enriquecida coas achegas de músicos máis ou menos relacionados con A Central Folque, principalmente Pedro Pascual por se encargar da produción e a dirección musical.

Co seu labor, esas cancións acústicas que creceron e se defenden con naturalidade ao vivo brillan aínda máis con colaboracións como a de Quim Farinha en “Que bom seria” ou o piano de Alejandro Vargas en “Tanto amar” con texto do poeta Marcelo Diniz musicado por Fred, ao igual que acontece con “Águas passadas” e “Depressa a vida passa”, dúas das alfaias do álbum grazas en boa parte ás colaboracións de Marco Suzano e os Pascual naquela e de Germán Díaz na última. Un bloco aparte serían as composicións asinadas por Ugia: “Di o dianho”, “Sabe a pam”, “Infinito vrao” ou “Aritmética” enriquecen a variedade estilística cun ar máis pop este “Acrobata” no que predomina o repouso, a melancolía e o intimismo. No equilibrio, o tema que titula o álbum, coa letra máis acougada de Ugia e a brasilidade de Fred.
Pepe Cunha 8-xuño-2011

Xira de despedida de Acrobata

A dupla de Ugia Pedreira e Fred MArtins que percorreron os palcos deste e outros países e que deu ese magnífico disco chamdao despois da ave atlántica, despídese dos palcos nuns concertos finais que os levarán a algunhas vilas galegas.

No Museo do Mar de Galicia en Vigo comezan a dicir adeus este proxecto que nacía no 2010 nun encontro en Niteroi, en casa do cantor brasileiro que o levou en menos de un ano a instalarse e botar raíces en Galicia. Ademais deste concerto que se celebrará o 25 de abril, está confirmada xa a data do seguinte recital na Illa de Arousa.

Ugia&FredO día 1 de xuño de 2011 saía o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira “Acrobata“, unha nova aventura de mistura musical galega e brasileira. Estará á venda nos concertos de despedida cun prezo especial, así coma na loxa de www.folque.com e en tendas especializadas. O discos son composións de Fred e Ugia e algúns colaboradores coma Germán Diaz, Marcos Suzano, Pablo e Pedro Pascual,… Altamente recomendábel e cheo da frescura do Atlántico que une ámbolos dous países.

Os concerto de presentación do traballo foron nunhas memorábeis sesións o 2 e venres 3 de xuño no Parque de Belvís de Santiago no CIAC (centro de Interpretación Ambiental de Compostela) e despois visitaban o resto das cidades galegas.

AXENDA

Facebook