ACROBATA. Ugia Pedreira e Fred Martins

Abril 06, 2012

SEMANA SANTA EN ORTEGAL donde remata a Terra e comeza o Mar.

Petiscos Musicais. Alimento do corpo e do espíritu a través da boa alimentación e da música.
Escondida Café Concerto de Espasante.

Potas e Portas abren ás 22h.
ACROBATA. Ugia Pedreira e Fred Martins.
videos, música, fotos en www.folque.com/acrobata

Espasante é para a xente de aCentral un dos portos mais embriagadores, misteriosos e vívidos da costa Norte galega. Donde grazas ao Bar de Fredi aprendimos a desfrutar do circuito de cantos tabernarios . Un lugar donde se poderia perder Hemingway, James Joyce, Albert Camus… ou é quizás un refuxio para almas perdidas que queremos seguir sendo? As tabernas de Espasante son lugares acolledores que gardan contos e cantos nas paredes, comidas de xenerosas nais e conversas riquísimas con mariñeiros na mar ou en terra. aCentral e a Escondida propón un achegamento á poética da paisaxe,da música e da comida con cachón do Norte. Ugia Pedreira. (aCentral Folque)
Na tradición da taberna porteña, de turistas e de mar, froito da herdanza xeracional do ultramarinos A Taberna Nova, naceu A Escondida ala polo ano 92.Tiveron que pasar ainda uns anos para chegar ao que hoxe é a Escondida, un espazo para o disfrute, un referente no circuito de música ao vivo nas terras de Ortegal e unha porta aberta a creación espontánea.Nese marco queremos comezar agora unha nova travesía en parceria con a Central Folque (centro galego de música popular) para poder traer a nosa terra propostas artisticas de calidade xa contrastada en escenarios do pais e de fora del. Ramón Peña. (A Escondida)

O tempo arrivou en Espasante pro bem dos corpos. Alí no porto, escondida, está unha taberna nova noutrora.Comidas, camas e chatos beberon e comeron moitos. María preparaba a lume lento os pratos do día, nas súas conversas aínda lle queda a emoción de cociñar.Viñeron tempos de música, seguiu o alimento pra alma. Hoxe chegan os Petiscos Musicais para espíritus exquisitos e corpos famentos de saúde no alimento: os guisos e as notas bailan libre a ritmos achegados na cociña dunha valeca. Marina Oural Villapol (Cociñeira polo vento)