“acrobata” em compostela antes de s.paulo

Xuño 06, 2012

ANIVERSARIO DO DISCO ACROBATA EN COMPOSTELA.

UGIA PEDREIRA E FRED MARTINS (ACROBATA) NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ANTES DE IRSE A SÃO PAUL0 A PRESENTAR O DISCO.
Dia 7 de xuño ás 21no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Depois da xira que os levou por Oxford, London, Bruxelas…chegan ao seu Compostela querido (donde teñen ensaiado e tocado moitas notas e palabras) e ao norte do pais, Ribadeo en breves. En Compostela cantarán novas cancións de corte nordestino, versións e novas músicas maceradas nesta xira europea. Vai para un ano que saiu ao mercado esta xoia galego-brasileira con especial brillo dentro das música de autor.

Ugia Pedreira e Fred Martins presentan en Brasil o disco Acrobata. Pronto, o 24 de xuño un dos palcos mais interesantes de São Paulo: o do Sesc Belenzinho, acollerá este disco editado en Galiza por aCentral Folque. Os dous compositores están moito contentos desta viaxe que se completará con presencias noutros lugares interesantes da macrocidade brasileira.

UGIA PEDREIRA.Desde nena, quixo facer cancións e falar através delas. A vida levouna a editar 8 discos e ser patrona dun barco chamado Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. Unha xoven empresaria galega da música que coñece o palco, a producción, a investigación musical en detalle dentro de formatos grandes e pequenos desde noviña. Ideóloga, pensadora e constructora de espazos escénicos desde movementos pequenos e calados cambiou visions e percepcións dentro do panorama musical galego. Colaborou nos anos 90 con muitos grupos de rock galego compoñendo e cantando letras e melodias propias, recollidas no seu libro de poemas e cancións Noente Paradise. Partillou escena e músicas con David Murray, Jacky Molard, Erick Marchand,Alejandro Vargas, Pablo Milanés, Banda Bassotti, Eliseo Parra, Jorge Drexler, Fermín Muguruza, Mikel Urdangarín, Dulce Pontes, Amparo Sánchez, Antón Reixa, Kaki Arkarazo e tantos amigos-artistas do seu pais como Abe Rábade ou Guadi Galego con quen fixo o laudeado e premiado disco Nordestinas. O seu grupo actual leva o nome do seu avó emigrado a Cuba: Marful. Un grupo de culto na fusión de música europeia e americana. Nacida entre o monte sagrado de Cornería e o Castro de Vilaronte, lugar da Mariña donde a arquitectura e a historia de emigración a Cuba marca a sua inspiración. A arquitectura, a escultura, o teatro, as xoieria, a artesania popular, a gastronomia son texturas diarais necesarias para esta compositora que integra todas as artes nela mesma, producindo un selo Pedreira, xenuinamente pesoal.

FRED MARTINS.Destacado entre os artistas da sua geração, o cantor e compositor Fred Martins oferece um repertório autoral variado e muito relacionado com o artesanato da moderna canção brasileira, dialogando com o samba e a bossa nova, o nordeste modal e também incorporando elementos do rock.
O talento do compositor foi reconhecido no último Prêmio Visa de Música Brasileira, onde recebeu o prêmio máximo por unanimidade do júri e o voto popular, conferido pelo público. Também registrado em disco por Maria Rita (Sem Aviso, Perfeitamente, esta no recentemente lançado cd É-lo), Ney Matogrosso (Tempo Afora, Novamente) e Zélia Duncan (Hóspede do tempo, Flores) entre outros.
A sua relação com a tradição musical brasileira afiançou-se com o trabalho de transcrição de partituras para alguns dos mais famosos Songbooks produzidos por Almir Chediak entre eles os de Chico Buarque, Tom Jobim, Gilberto Gil, Dorival Caymmi, Noel Rosa, João Bosco, Caetano Veloso entre outros.
Publicou quatro discos: Janelas (2001), Raro e comum (2005), Tempo Afora, Cd e DVD (2008), Guanabara (2009). Acaba de lançar o trabalho Acrobata em dupla com Ugia Pedreira (Galiza).
Participou de diversos festivais nacionais e internacionais como Músicas Portuárias (Galiza), Cantos na Maré(Galiza), Festival Jawhara (Marrocos), Monkey Week (Cádiz), Artistas en Ruta (España), Projeto Pixinguinha (Brasil), Música na Caixa(Brasil), Prata da Casa(São Paulo), Santander Cultural ( Porto Alegre) entre outros eventos.
Actualmente participa como compositor e intérprete no espectáculo de María Pagés, Utopia inspirado em Óscar Niemeyer.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook