aCadaCanto

Xullo 12, 2012

no ciclo Cultura Aberta Nos Xardíns da Deputación.

GUADI GALEGO
GUILLERME FERNÁNDEZ
XABIER DÍAZ
XOSÉ LOIS ROMERO

Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas, cuadrivios ou “catrocamiños”, eses puntos de incerteza e de casualidade (ás veces, as cancións tamén transitan esas dúbidas antes de mutar á forma na que as coñecemos), máis é tamén verdade que hai encontros inevitables, como os das augas dos regatos que se confunden nos ríos ao chegar á baixa dos vales.

Somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tempo. Guille e Guadi, Xabier e Xosé Lois; Guille e Xosé Lois; Guadi e Xabier. Foron tantas as partillas que decidimos ordenar esta nosa multiplicidade e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto, a forma tradicional. Os Beatels, Os Gaiteiros de Soutelo…

Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero ou como os viaxeiros ás veces tropezan na encrucillada. Iso si, recoñecendo que saímos en tempo e velocidade axeitados para nos accidentar neste encontro. Imos sentar e facer unhas cancións antes de continuar camino!
Guadi Galego – música, cantante e compositora

Facebook

21:00 h.
Xardíns da Deputación, Lugo.
De balde.