aCadaCanto

Xuño 08, 2012

GUADI GALEGO
GUILLERME FERNÁNDEZ
XABIER DÍAZ
XOSÉ LOIS ROMERO
presentan o disco “aCadaCanto”

Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas, cuadrivios ou “catrocamiños”, eses puntos de incerteza e de casualidade (ás veces, as cancións tamén transitan esas dúbidas antes de mutar á forma na que as coñecemos), máis é tamén verdade que hai encontros inevitables, como os das augas dos regatos que se confunden nos ríos ao chegar á baixa dos vales.

Somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tempo. Guille e Guadi, Xabier e Xosé Lois; Guille e Xosé Lois; Guadi e Xabier. Foron tantas as partillas que decidimos ordenar esta nosa multiplicidade e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto, a forma tradicional. Os Beatels, Os Gaiteiros de Soutelo…

Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero ou como os viaxeiros ás veces tropezan na encrucillada. Iso si, recoñecendo que saímos en tempo e velocidade axeitados para nos accidentar neste encontro. Imos sentar e facer unhas cancións antes de continuar camino!
Guadi Galego – música, cantante e compositora

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
Xa case está completado o micromecenado do libro ilustrado Galicia MusiCalidade.Aínda estades a tempo de participardes, pois o prazo foi ampliado até o 1 de marzo.Unha curiosidade: o director orelludo encargouse do prólogo en galego e castelán, pois o libro aparecerá en dúas edicións.🎶📘 “#Galicia MusiCalidade”, un libro ilustrado, accesible y cautivador sobre la música contemporánea gallega para amantes de la música y quien se esté iniciando en la escena.Disponible en castellano o gallego. ¡Paséate por esta tierra de acordes! 👉 vkm.is/musicalidade ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña.
5 / 13,5 €