aCadaCanto

Agosto 10, 2012

Catro músicos con carreiras artísticas diferentes que se atopan nunha mesma encrucillada, “catrocamiños”.
Guadi Galego (voz), Xabier Díaz (voz), Guillerme Fernández (guitarra) e Xosé Lois Romero(acordeón), compañeiros doutras formacións coma Berrogüetto, Espido ou Nova Galega de Danza nas que colaboraron como dúos ou tríos, en diferentes combinacións
pero nunca simultaneamente, conflúen agora como cuarteto para gravar o sexto disco do selo Músicas de Salitre.

Presentaranos trece cancións, na maior parte orixinais, pero nas que están presentes pegadas da música tradicional e que manteñen a unidade estética e lírica. As letras reivindican a beleza, a natureza, o amor e os pequenos detalles. ACadaCanto é un proxecto creado a partir de músicas compartidas dende hai moito tempo por este cuarteto musical de luxo que agora decidiu poñer en común, aínda sabendo que é unha iniciativa puntual e
efémera.

AXENDA

Facebook

22:30 h.
Praza do Concello, Carballo.
De balde.