aCadaCanto

Outubro 11, 2013

Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero uniron os seus traballos artísticos nun disco conxunto titulado ACADACANTO (Músicas de Salitre), no que conflúen por primeira vez as carreiras destes catro músicos que están noutras formacións musicais como Berrogüetto, Espido ou Nova Galega de Danza.
ACADACANTO está formado por 13 cancións, a maioría orixinais, algunha procedente da música tradicional e outras recollen autores galegos entre outros Xosé María Álvarez Blázquez ou Carlos Rivero.
Músicos: Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero.
Duración:70 min.

Horario de billeteira:
Xoves 10 de outubro: 12:00 – 13:30 h
Venres 11 de outubro:L 12:00 a 13:30 h e dende as 19:30 h
Prezo: 3,50 €
1,75 € (prezo reducido, con acreditación: menores de 12 anos, maiores de 65, carné xove e carné de estudiante ata 26 anos)

AXENDA

Facebook