Ábretedeorellas, finalista dos III Premios Martín Códax da Música

Abril 12, 2016

O pasado xoves déronse a coñecer os finalistas de todas as categorías dos III Premios Martín Códax da Música e o Ábrete de orellas optará a Mellor Espazo de Comunicación Musical canda o portal de Internet GZMúsica e o programa radiofónico da Radio Galega “Tres peixes voando”.

Agora @s soci@s de Músicos ao Vivo volven votar, esta vez entre os proxectos finalistas nas diferentes categorías, e o xoves 28 coñeceranse os vencedores na gala que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Ábrete de orellas xorde no 1997 en Ferrol coma programa radiofónico. Desde entón, crece a carón do seu director Pepe Cunha, que espalla a súa faceta de comentarista musical noutros medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG … ).

No 2003 nace Ábrete de orellas.com coma portal especializado en música e concertos na Galiza que presta unha atención especial a artistas, salas e produtoras do país. As nosas axenda orelluda de concertos e crónicas procuran ser eclécticas e coidadas, co recoñecemento de máis de 15000 visitantes únicos ao ano e 2400 seareir@s en facebook.

Sen se restrinxir por etiquetas, apostamos por ser punto de encontro das diferentes propostas da música popular. Hai un espazo grande entre a erudición e os gustos maioritarios e aí se move Ábrete de orellas. Cos menos prexuízos posibeis aprendemos e compartimos, lanzamos suxestións, recomendamos concertos e invitamos a degustar produtos do país e de fóra.

En outubro de 2013 regresa ás ondas para gravar en Rádio FilispiM (Terra de Trasancos) un programa semanal dispoñible en podcast na internet e que na actualidade redifunden CUAC FM (A Coruña), A Kalimera (Compostela), Radio Roncudo (Corme), Radio Fedello (Ourense) e Onda Neria (Corcubión).

O pasado ano, a Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol requiriu o noso asesoramento para un ciclo musical. Así, na primeira edición do ciclo “Na raíz” contamos con Caxade, Cuarteto Caramuxo, Davide Salvado, Fetén Fetén, Carmen París e Raúl Rodríguez.

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook