Ábrete de orellas sortea dúas entradas para o concerto presentación do novo disco de Heredeiros da Crus

Maio 14, 2013

Segue as instruccións no taboleiro de facebook de Ábrete de orellas

O disco Jard Rock con Fe, que será o noveno traballo discográfico de Heredeiros e o primeiro disco de estudo que publican desde hai case dez anos, estrearase en directo o vindeiro 24 de maio na discoteca LP45 de Ordes (A Coruña). As entradas para o concerto xa están á venda, a través da tenda online de Airapro, Ticketmaster e unha serie de puntos de venda físicos espallados por toda Galicia e dos que hai máis información na páxina web de Heredeiros da Crus, www.heredeirosdacrus.com.

Xa hai dous singles adianto do disco:

FRANCISCO CHOUSA (EL CAMPEADOR): Temazo rock sobre a vellez e a madurez sexual.

A DUQUESA DE POI: Historia real da avoa de Tonhito de Poi, que durante a posguera se mofou das autoridades locais en Ribeira disfrazando a un cocho de alcalde
http://www.youtube.com/watch?v=WgVM8eE54vQ

AXENDA

Facebook