Ábrete de orellas regresou ás ondas

Outubro 21, 2013

Desde o pasado 15 de outubro, Ábrete de orellas volve ter un programa radiofónico.

Como non podía ser doutro xeito, este reencontro tiña que ser desde o estudio de Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos, pois o noso director foi membro activo na súa creación e primeiros anos de actividade.

A emisión en directo ten lugar os martes de 18:30 a 19:30 h e a mesma emisora redifunde este programa os mércores ás 15:00 h. e os venres ás 7:00 h. Existe a posibilidade de escoitar o programa pola Internet, via o streaming de Rádio FilispiM e no podcast de Ábrete de orellas.

Desde xa, invitámosvos a gozar dunha selección musical acorde coa nosa denominacións: aberta aos diferentes estilos e cunha atención especial ao que soa no noso país.

Velaquí tedes os enderezos dos blogs do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM e Ábrete de orellas, onde colgamos os contidos e ligazóns aos podcasts.

Facebook