Ábrete de Orellas celebra 500 programas de radio

Novembro 03, 2023

A edición radiofónica de Ábrete de Orellas.com celebra que chega aos 500 programas nesta etapa que comezou co regreso ás ondas hai 10 anos.

O evento terá lugar o sábado 11 de novembro desde as 13.00h no Centro cívico de Canido, Ferrol, e contará cos concertos de 3 proxectos salientábeis da música galega.

Este é o programa:

◽ 13.30h – concerto acústico e íntimo de SU GARRIDO POMBO.
Xantar a prezos populares a cargo de Semente Trasancos, expo de memorabilia orelluda e algunha sorpresa haberá.
◽16:30 h – concerto de GRAMPODER
◽17:30h – concerto de BERLAI

Os concertos finánciase con entrada inversa, polo que se pasará un caldeiro onde pagar o que cadaquén considere. Os cartos recadados irán destinadaos a sufragar o evento, principalmente para as músicas.
Quen non poida achegarse, pode colaborar con fila cero. O teléfono de contacto e bizum é o 686 33 97 70

Ábrete de Orellas en si ten máis antigüidade pois naceu no outono de 1997 como programa de radio na emisora universitaria Radio Kaos.

Como di Guadi Galego nun dos saúdos enviados polas nosas artistas: “Nada tería sido o mesmo sen este Ábrete de Orellas”

Tras o proxecto altruísta Ábrete de Orellas está Pepe Cunha, licenciado en Filoloxía Inglesa e apaixonado da radio e a música popular desde pequeno. Comezou compartir cancións en Radio Kaos -a emisora do Campus de Ferrol- e pouco despois colaborou activamente na creación da radio comunitaria Rádio FilispiM. Desde hai vinte anos o proxecto fíxose portal web con axenda de concertos, crónicas, novas e directorios de artistas.
Aparte de en Ábrete de Orellas, Cunha foi espallando tamén colaboracións noutros medios (Diario de Ferrol, DeTroula, Xornal de Galicia, TX serán da TVG, Cultura Galega …), obtivo en dúas ocasións o Premio Martín Códax a Mellor Espazo de Comunicación Musical, escribiu o libro “Guadi Galego. Pola beira da canción” (Ed. Embora), redactou e comisionou a exposición cantaMOLAen galego (Mellor proxecto novo nos III Premios Mil Primaveras e finalista nos Martín Códax) e foi membro de xurados de diferentes concursos musicais.

 

AXENDA