Abre a convocatoria do Concurso Narf para artistas e grupos musicais

Marzo 17, 2022

nota:

O Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais da Deputación da Coruña vén de abrir nova convocatoria, a décimo cuarta, aberta a calquera proposta de música popular que non fose premiada nos cinco anos naturais anteriores do concurso.

A Deputación da Coruña vén de facer pública no Boletín Oficial da Provincia a aprobación definitiva das bases e a apertura do prazo de presentación de candidaturas, que rematará o vindeiro 31 de maio. Este certame, que homenaxea a figura e obra do músico e compositor Fran Pérez ‘Narf’, establece un primeiro premio dotado con 4.000 euros, un segundo con 2.000 euros e un terceiro con 1.500 euros. As bases pódense consultar no BOP do 14 de marzo.

Trátase dun galardón consolidado que ten descuberto numerosas bandas que hoxe podemos ver nos principais festivais da Península, como Familia Caamagno, Bala ou Mounqup, que se contan entre algunhas das propostas gañadoras.

O obxecto da convocatoria é difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez “Narf”.

A dotación económica deste galardón é de 3.000 euros para o primeiro clasificado, 2.000 para o segundo e 1.500 para o terceiro. O xurado realizará unha primeira selección dun total de tres artistas e/ou grupos despois da audición das maquetas recibidas. Os grupos e/ou artistas que resulten seleccionados accederán á fase final, que terá lugar no seo dunha gala na que terán que presentar en directo cadansúa proposta musical.

Fran Pérez, ‘Narf’

Fran Pérez, ‘Narf’ (Silleda 1968 – Santiago de Compostela 2016) foi un un compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo lusófono. Gustáballe definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade. Editou cinco discos como NARF: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’ con Uxía (2015); ”Nas tardes escuras” (El Patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro; “Aló irmao” (Falcatruada, 2010) con Manecas Costa: “Tótem” (Falcatruada 2007) e “Directo en Compostela” (Changüí, 2003). Tamén compartiu disco e xira por España co proxecto ‘Mundo café’ xunto cos músicos Jabier Muguruza e Miquel Gil.

Ademais foi fundador da Sala Nasa e membro de grupos como a Psicofónica de Conxo, Os Kinindiola ou Nicho Varullo. Tamén compuxo para teatro e para obras audiovisuais, acadando múltiples premios.

Abriu camiños desde mozo no rock local, cando a música xuvenil ao vivo aínda era unha sorpresa en Compostela. Abriu camiños na integración significativa da música nas artes escénicas e nas sinerxias que alimentaron o fenómeno das salas alternativas autoxestionadas. Abriu camiños inéditos para quen quere facer da música profesión desde a independencia e a integridade. Abriu camiños para a conformación da escena musical local como hoxe a coñecemos e abriunos tamén cara o exterior, propiciando encontros inauditos coa música do mundo, encetando vieiros inexplorados. E todo cunha personalidade única de irrenunciable orixinalidade. As pontes que tendeu no mundo musical son agora motivo de aprezo e celebración.

Foto de Cris Andina na pasada edición.

Toda a info e convocatoria:

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook