presentación de ONCE polo Abe Rábade Trío
Abe Rábade, piano
Pablo Martín Caminero, contrabaixo
Bruno Pedroso, batería
“Once” é o novo traballo do pianista Abe Rábade, editado por Nuba+Karonte. Gravado en formato trío xunto a Pablo Martín no contrabaixo e Bruno Pedroso á batería, o álbum destila variedade estilística e viaxa nun triángulo formado polo expresivo, o íntimo e o espontáneo.
Algunhas pezas do repertorio teñen un carácter experimental (Gotas, por exemplo é unha transcrición literal de gotas de auga). Outros materiais teñen unha abordaxe rítmica no seu senso máis matemático (como o cruce entre valores rítmicos atípicos da peza 11 contra 7), ou unha abordaxe rítmica na súa dimensión máis tribal ou “groovy” (A Bruxa -arranxo dunha peza de Milladoiro, Tule, Con Alma e Cuarzo Branco ilustran isto). Destaca no traballo unha fonda homenaxe a Paco de Lucía, coa composición orixinal 11 para Paco e unha clara influencia flamenca co concurso de Pablo Martín. Por último, completan a escolla pezas de pura inspiración harmónica e melódica como os standards Once in a While ou Smoke gets in your eyes.
A formación actual do Abe Rábade Trío mantense desde 2008, tendo realizado numerosas gravacións e concertos en países como Alemaña, Brasil, México, Costa Rica, El Salvador, Chile, Guatemala ou Portugal.