A Ver Que Sae

Agosto 05, 2019

nota:

O Feito a Man acolle mañá luns espectáculos de Trilitrate e A Ver que Sae

20.00 Trilitrate (contemporánea/free/étnica) –
22.00 A Ver Que Sae (poesía/experimental/micro aberto) – Tras San Fiz de Solovio

TRILITRATE (Galicia – contemporánea, free, étnica)

Trilitrate formouse en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Peña, Ensemble Galería), por Marcos Padrón ao acordeón (Orquestra O.M.E.Ga, Cuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera). Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Des-debuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación, revelando influencias de estilos tan afastados entre si como pode ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro dun universo propio. Trala gravación en 2013 do seu primeiro disco Faláchesme na Man e uns 2014 e 2015 frenéticos de festivais, actuacións e colaboracións, a súa actividade compositiva culmina a finais de 2016 coa publicación de Frutal Death, segundo álbum da banda, no que se propoñen sobrevoar e despois destruír todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada ademais por un salvaxe sentimento de independencia.

A VER QUE SAE (Galicia – poesía, experimental, micro aberto)

Micro aberto peculiar e creativo, acompañado pola banda “a ver que sae”, experimental e espontáneo.

Feito a Man 2019

Polo Feito a Man deste ano pasarán case 50 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, tango, swing, música tradicional galega… E tamén haberá presenza doutras artes e disciplinas, como a maxia, performance, poesía, baile ou cabaré.

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.

Bandas locais e internacionais

Nestes 21 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias.

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continuamos a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Putan Club, Vudú, Blanca Cendán e Suso Alonso, Leo Burke, Manuel Gutiérrez, Pilo Sierra, The Spoonfuls e moitos outros.

Alén disto, outro dos obxectivos do festival é a descuberta de novos talentos chegados de fóra. Así, tamén poderemos ver bandas internacionais como os xaponeses Harmonica Creams, o mozambicano Mohammed Yahya, os arxentinos Ecos e Sofía Viola, os colombianos-guineanos La Rueda, os mexicanos Lariferpol, o brasileiro Arthus Fochi, os suecos The Bongo Club ou a Clarence Bekker Band, desde Surinam.

Facebook

19 hours ago

Ábrete de orellas
De VACAS , a canción de Titanic e 20 anos do Prestige. 😂👌👏👏👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Tras San Fiz de Solovio, Santiago de Coimpostela.
De balde.