nota:
Do 22 ao 26 de xullo de 2020 en Soutomaior, Redondela, Vigo e Oia
Contábamosvos a semana pasada que desde Sinsalaudio puñamos en marcha o Festival Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, do 22 ao 26 de xullo de 2020 en varios enclaves singulares das Rías Baixas. Este mércores 8 de xullo póñense as entradas á venda a través da páxina do festival:
fesitval.sins.al.
Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e até marisqueo a pé. Esas son as propostas do festival para o público. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo co seu “Trópico de Covadonga”. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Modulador de Ondas,Los Hermanos Cubero e Trilitrate.
O castelo de Soutomaior, a lonxa de Cesantes, o Centro de Interpretación de Meirande en Redondela, o Vigo portuario incluido un estaleiro e o mosteiro de Oia, os escenario de Sinsal Litoral SON Estrella Galicia.
Encontros de pequeno formato ao redor da música, do patrimonio natural e industrial, coas xentes que os habitan e, en todos eles, o mar de preto.
Sinsal Litoral SON Estrella Galicia quere ser un espazo de reflexión sobre os retos da cultura na Axenda 2030 e con actividades paralelas pola divulgación do noso patrimonio industrial e natural, construíndo unha programación cálida, de proximidade, proporcionando confianza, seguridade e atractivo para o público. É Sinsal Litoral un festival de pequenos foros, non só como manda o sentido común post pandemia senón como é tamén marca da casa. As entradas para as actividades e concertos, xa á venda desde o 8 de xullo.
PROGRAMA, HORARIOS, RECINTOS E PREZOS SINSAL LITORAL SON ESTRELLA
GALICIA
MÉRCORES 22 DE XULLO
21:30. Concerto Rodrigo Cuevas
Castelo de Soutomaior. Escenario Turismo Rías Baixas
Prezo: 15 euros + gastos xestión
VENRES 24 DE XULLO
11:30. Marisqueo a pé
Cesantes (Redondela)
Prazas: 20
Prezo: 8 euros + gastos xestión
17:00. Andaina co arqueólogo Xurxo Constela polo patrimonio histórico e
industrial de Meirande (Redondela).
Prazas: 20
Prezo: 5 euros + gastos xestión
20:30 Concerto Laura LaMontagne & PicoAmperio
Meirande. Escenario SON Estrella Galicia
Prezo: 10 euros + gastos xestión
Entrada reducida menores 16 anos: 5 euros + gastos xestión
SÁBADO 25 DE XULLO
11:30. Andaina polas orixes e a actualidade do Vigo portuario con Vigo
Pesqueiro e actuación especial de Modulador de Ondas
Prazas: 20
Prezo andaina: 8 euros + gastos xestión
Punto de encontro: Praza da Princesa. A actividade ten unha duración
aproximada de dúas horas. Ao remate, aqueles participantes que o desexen
poden gozar dunha degustación en Viveiros López Novoa.
Prezo degustación: 7 euros + gastos xestión
(A degustación require un número mínimo de persoas. No caso de non
acadalo, procederíase á devolución do pago).
21:30 Concerto Los Hermanos Cubero
Astilleros Cardama (Bouzas, Vigo). Escenario SON Estrella Galicia
Prezo: 15 euros + gastos xestión
DOMINGO 26 DE XULLO
13:00 Concerto Trilitrate en Mosteiro de Oia.
Escenario Xacobeo 2021 Fest Galicia
Prezo: 10 euros + gastos xestión
Entrada reducida menores de 16 anos: 5 euros + gastos xestión
Consulta toda a info e merca entradas en festival.sins.al