eis a nota da triste noticia
Carral, 7 de febreiro de 2012
Con máis de trescentas actuacións ás súas costas, a Sala The Star pechará as súas portas o vindeiro 25 de febreiro. A música, o humor, o teatro, o baile e todas as disciplinas culturais déronse cita nalgún momento no local rexentado polos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro. A promoción e a difusión da cultura galega foi o seu obxectivo desde a apertura do local en xuño de 2007.
O mal momento económico está detrás dunha decisión á que tamén contribúen outros factores: o nulo apoio do Concello de Carral mudou nos últimos meses en constantes dificultades e requerimentos que facían imposible soster un local ao que a crise tamén se quixo achegar. Sen ser determinante, tamén a actitude dun sector dos veciños do municipio contra a actividade motiva o peche da Sala The Star.
Os propietarios da Sala non descartan unha reapertura nun municipio limítrofe que non poña obstáculos na acción cultural que un local así pretende desenvolver; sería, en todo caso, a medio prazo.
Mantense a programación para o mes de febreiro, coas actuacións de La Senda de Afra e Glasgow esta fin de semana, os concertos, festas e representacións teatrais de Entroido en quince días, e un derradeiro cartel de dous días que completarán o grupo ordés Dios Ke Te Crew e un último espectáculo aínda por definir, coa participación de Os Dous de Sempre.