A Regueifesta en Euskal Herria, sementando alegría!!!

Abril 07, 2022

nota:

Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e Vila de Cruces están participando no encontro “Regueibertso” en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso.

Regueifeiros da Galiza, glosadors dos Paises Cataláns e bertsolaris bascos adolescentes reúnense neste encontro de dúas jornadas educativas.

A Regueifesta é um proxecto de innovación educativa que desde 2015 impulsa a regueifa como ferramenta para a normalización lingüística, a educación musical, a educación en valores como o feminismo e a autoxestión ou a transformación social.

Esta é a cuarta vez que regueifeiras adolescentes visitan Igorre, nun proxecto que ven reunindo cada ano repentistas de Galiza, Cataluña e Galiza nun destes tres países. O vindeiro ano Galiza será o país anfitrión.

Durante estas xornadas, o alumnado improvisador participa e organiza actividades de valoración das línguas e culturas propias, desde a poesia oral e a música até o baile ou o deporte tradicional. O día 7 terá lugar o festival Regueibertso no auditorio de Igorre, onde o alumnado improvisará com artistas do País Vasco como Maialen Lujanbio e Onintza Enbeita.

A Regueifesta comprende a improvisación oral como un recurso educativo fundamental para unha educación humanista, onde as emocións e os afectos son motor das relacións persoais e do empoderamento individual e colectivo, a autoestima e o sentido crítico.

Na foto, o alumnado galego en Igorre.

AXENDA

Facebook