A RATIÑA AZUL
E O QUEIXO LEVITADOR
Con Mónica de Nut e Marcelo Dobode
Organiza:
Concello de Noia
Entradas: 3 € adultos, e 2,40€ nen@s
Aforo limitado
nota:
A Ratiña Azul e o Queixo Levitador é unha proposta escénica e musical pensada para o público máis pequeno. Cunha coidada posta en escena,
este espectáculo mistura música e teatro a partes iguais.
Os actores e cantantes Marcelo Dobode e Mónica de Nut, dan vida a dúas personaxes tan divertidas como orixinais:
unha ratiña azul e un cabaliño do demo que, coas súas cancións e peripecias, levan ao público máis pequeno por unha historia divertida e tenra.
O espectáculo, estreado no marco do Festival Nubebes 2013 de Pontevedra, contou cunha estupenda acollida por parte de público e profesionais.