nota:
CUAC FM, a radio Comunitaria da Coruña, cumple hoxe 21 anos dende a sua inaguración
*448 programas diferentes realizados por máis de 1500 persoas sen ningún tipo de ánimo de lucro.
*A emisora é unha canteira de radiofonistas para outras emisoras da nosa cidade (Fernando Molezún, Elena López, Teba Chacón…).
* Hoxe comeza o prazo de presentación de cancións no XIX Concurso de Bandas e solistas para músicos de toda España, con premios especiais para as bandas locais e galegas que participarán no Festival Noroeste no mes de agosto.
O 27 de marzo de 1996 inaugurábase CUAC FM 103.4 no Campus da Zapateira da Coruña, moi preto da sua ubicación actual. Un despacho da Facultade de Económicas (agora F. de Filoloxía) que foi dividido en duas partes (control e peceira) grazas a unha mampara reciclada da casa dun dos fundadores acolleu a emisora dende 1996 ata 2002.
Dende aquel día ata hoxe temos disfrutado na emisora de 448 programas diferentes, todos eles realizados por persoas do común que decidiron adicar parte do seu tempo a algo que lles apaixoa: comunicar.
Estes anos de radio tamén serviron como canteira radiofónica (incluso televisiva) á nosa cidade. A lista de persoas que comezaron a facer radio en CUAC FM e que ocuparon (e seguen ocupando) espazo nas ondas doutras emisoras locais é longa: Fernando Molezún (Radio Voz), Teba Chacón, Elena López, Iago Gordillo (Los 40, Radio Coruña), Antón Lezcano e Txury Ferrer (ata Antena 3 chegaron tras pasar por diversos medios locais).
Cabe sinalar tamén a incorporación de programas realizados por entidades da cidade como parte das suas actividades sociais: Padre Rubinos (Radio Activa), Proxecto Cárcere (Ondas do Cárcere), A.C. Alexandre Bóveda (Recendo)…
A aposta pola cultura e a creación de CUAC FM dende a sua fundación fai que hoxe mesmo convoque o XIX Concurso de Bandas e solistas para músicos de toda España, con premios especiais para Bandas locais e galegas que actuarán no Festival Noroeste grazas á colaboración do Concello da Coruña.
Cuac Fm agradece a colaboración intensa con diversas entidades da cidade que fan posible que a emisora continúe viva e que xa disfrute dunha Escola de Radio e Asociacionismo e comparta local no centro da cidade coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda, na Rúa Olmos. A Universidade da Coruña cede os espazos da emisora xa que CUAC (Colectivo de Universitarios Activos) é unha Asociación universitaria; a Deputación da Coruña, Concello da Coruña, Fundación Paideia e Obra Social La Caixa son algunhas das entidades que permiten realizar a nosa actividade diaria de CUAC, sen esquecer que a maior parte do noso orzamento está baseada nas cuotas que aportan as persoas socias tanto a nivel individual como as cuotas de emisións.
A emisora comunitaria da Coruña cumple coa lei xeral audiovisual de 2010 e non emite ningún tipo de publicidade na FM