A próxima semana A Coruña transformarase nun grande escenario para acoller unha nova edición do Noroeste Estrella Galicia.

Agosto 04, 2017

Hai tres anos o Noroeste Pop Rock, que chega á 31ª edición, comezou un fondo proceso de transformación, pasando de celebrar dúas noites de concertos na praia de Riazor a espallar 200 horas de música, do martes 8 ao domingo 13 de agosto, por 15 escenarios singulares da cidade, converténdose deste xeito nun dos maiores festivais urbanos de España.

O Noroeste Estrella Galicia mantén os seus característicos concertos gratuítos as noites do venres e do sábado en Riazor, que este ano protagonizarán os británicos Kaiser Chiefs -no seu único concerto no noso país nos próximos meses-, os escoceses The Jesus And Mary Chain -nunha das súas escasas actuacións en España este verán-, os españois Surfin” Bichos -reunidos en exclusiva para a xira do 25 aniversario do seu mítico álbum Hermanos Carnales-, e máis o galego Iván Ferreiro. Xunto a eles, as bandas gañadoras do XIX Concurso de Bandas e Solistas da emisora Cuac FM: Cia Campillo, da Coruña; The Riggos, a medio camiño entre Gondomar e Monforte; Eager Platypus, de Arteixo; e Boyanka Kostova, de Compostela.

Máis da metade das 100 bandas e artistas que actuarán no festival son galegas. Ademais de Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, García MC ou Emilio José e de grupos míticos como Radio Océano, Lascivos ou Samesugas, haberá unha amplísima representación da nova escena musical galega, como as Bala, Malandrómeda, Atrás Tigre, Os Gru, Travesti Afgano, Pantis e un longuísimo etc: Boyanka Kostova, Espiño, Puma Pumku, Bifannah, Indomable, Jules & the wolf, Lamprea explosiva, Naranja imaginario, Ricky Hombre Libre, Less Fortunate Songs, Hongo, Luga, Harakiri, Romance, The Preachers, Klüte, Sen Senra, Calero, Mielitza, Salmiak, Dagla, Window Pane, Ánima, The Soul Jacket, Druso, The Riggos, Eager Platypus, Proyecto Moucho, Xoán Curiel…

Podes facer clic arriba para ampliares o mapa de localizacións e consultar nas seguintes ligazóns os horarios, localizacións e artistas na web do festival e escotares unha lista de cancións en Spotify,

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook