A Pedreira

Xuño 22, 2022

nota:

Día da Música 2022

INAEM (Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música) – Ministerio de Cultura e Deporte

ACCES – Asociación estatal de salas privadas de música en directo

Segmento cantábrico é o primeiro disco de Ugia Pedreira (Marful, Nordestin@s, Chouteira, Ecléctica Ensemble, Descarga ao Vivo, A Comuna del Barruzo) que a artista asina co seu apelido.

Un xogo de luces mutantes, cores diversos, sons; cancións que son poemas e versos que resonan coma cantos marinos, todo coa concepción do escenario coma espazo múltiple, onde se moven entre a performance, o teatro musical e o concerto convencional. O corpo exprésase de pé, no chan e en movemento.

A Pedreira denuda a(s) alma(s) sobre as táboas, acompañada polo bretón Pierre- Yves Rougier, nunha actuación na que Marina Oural se encarga da posta en escena e Xavier Belho dos grafismos, explorando as súas posibilidades a través dos simbolos remitidos nas letras. A artista de Vilaronte (Foz), voz de Marful e Nordestina –entre outras formacións musicais– ven de presentar o seu primeiro traballo asinado por ela co seu apelido, Segmento Cantábrico, adicado aos pobos, tribos e clans que tiveron e teñen coma vía marítima de relación o mar Cantábrico.

O disco, de folk progresivo, aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano. Letras e poemas da propia Pedreira e de grandes poetas de Galicia, forman parte deste álbum no que a spoken word, a poesía e a canción conflúen e desbordan as marxes.

Letras, poemas da propia artista, do pintor e poeta vigués afincado en Londres Enrique Gavilanes, das Follas Novas de Rosalía de Castro, da poeta do Val de Lourenzá Marina Oural, do escritor Carvalho Calero e a poeta Xela Arias, compoñen este traballo no que a bipolaridade do orgánico e o tecnolóxico, os extremos, os límites, as marxes, a música como curación, o aproveitamento e o consumo responsable dos recursos cotiáns están expostos.

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
Andrés Suárez & TANXUGUEIRAS "Remanso para morrer" nas "Sesiones Moraima 2" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
De balde até completar aforo.