A nena e o grilo nun barquiño

Xullo 24, 2014

nota:

O espectáculo músico-teatral dirixido ao público familiar infantil “A nena e o grilo nun barquiño” chega este xoves a Carballo

Cativos e maiores poderán desfrutar durante unha hora da xa consagrada proposta de Magín Blanco, na que a través da música e o teatro se presenta o mundo como toda unha aventura por descubrir

AXENDA

21:30 h.
Praza do Concello, Carballo.
De balde.