nota:
O cantante arxentino Kevin Johansen e o debuxante Liniers regresan a Galicia para o tramo final da súa xira europea. Despois de percorrer medio mundo e realizar máis de 100 directos dende 2023, o dúo despídese —ata novo aviso— cun espectáculo que mestura música, debuxo en vivo e ese humor intelixente que os caracteriza. Pontevedra, Lugo e A Coruña serán as tres cidades galegas escollidas para poñer o broche de ouro a unha xira histórica de máis de dous anos.
Máis que un concerto ao uso, o que Kevin e Liniers propoñen é un diálogo creativo en tempo real. Mentres Johansen repasa as cancións máis emblemáticas da súa discografía, Liniers improvisa e recrea ese universo visual en tempo real sobre unha pantalla de fondo. Arte, amizade e ironía fúndense nun pequeno mundo que envolve ao público dende o primeiro minuto.
Resultado desta xira son o lanzamento do seu álbum en directo “Desde que te Madrid” (2025) e o libro “Es nuestra forma de comunicarnos”, materiais que capturan a esencia dun espectáculo que se alimenta da improvisación, da complicidade e dunha grande sensibilidade artística.
Entradas á venda en Ataquilla.com
● Pontevedra, entradas aquí: 28 de maio | Pazo da Cultura | 21:00h
● Lugo: 30 de maio | Sala Tebras | 21:30h
● A Coruña, entradas aquí: 31 de maio | Teatro Rosalía | 20:30h


