nota:
O Correlingua, a máis movida, musical e divertida das festas en defensa do galego continúa a súa actividade de 2026 coa convocatoria do seu certame máis importante: o Cantalingua.
O Cantalingua é un dos concursos musicais máis veteranos dos que se realizan en Galiza e polo que levan pasado as principais bandas e solistas do panorama musical galego dos últimos anos. Con este certame, a organización busca as mellores cancións para amenizar as Festas Correlingua.
No concurso poden participar bandas e solistas en lingua galega de calquera estilo musical, con propostas de cancións orixinais e cantadas integramente en galego.
A participación realizarase a través do correo electrónico correlingua@gmail.com incluindo a seguinte información:
– cancións en formato MP3
– presentación da banda ou solista e fotografía.
– datos: enderezo fiscal, enderezo electrónico, teléfono e persoa de contacto, sitio web e ligazón ás súas RRSS.
Esta convocatoria permanecerá aberta ata as 24.00h do 27 de febreiro de 2026.
Os grupos e/ou solitas premiados actuarán nas Festas Correlingua 2026 conforme a un reparto de tres premios para os tres primeiros clasificados cunhas remuneracións de:
– 600 euros brutos por actuación de solista.
– 800 euros brutos para grupos de ata tres compoñentes.
– 1.100 euros brutos para grupos de ata cinco compoñentes e
– 1.300 para grupos de seis ou máis compoñentes.
Só poderán actuar nas Festas Correlingua 2026 os grupos e/ou solistas que se presenten ao certame Cantalingua.
Todas as cancións participantes serán publicadas na web do Correlingua, difundidas nas redes sociais e recollidas nunha playlist de Spotify para que cheguen á maior cantidade de público posible. O resultado do certame darase a coñecer a través das redes sociais de Correlingua.
Os concertos celebraranse no mes de maio, en horario de mañá e cunha duración aproximada de 30 minutos no caso de concertos compartidos e de 50 minutos cando se trate de actuacións únicas.
BASES PARA O CONCURSO CANTALINGUA 2026
1. Cantalingua é un concurso musical destinado a bandas ou solistas que desenvolven a súa actividade en galego, organizado polo Correlingua.
2. Poden participar grupos musicais ou solistas de calquera estilo que teñan o galego como lingua.
3. Poderase participar cunha canción por cada grupo ou solista que será enviada en formato mp3 a correlingua@gmail.com desde o 25 de xaneiro ata as 24 h do 27 de febreiro de
2026.
4. A canción que se presente deberá ser orixinal -fican excluídas as versións- e en lingua galega.
5. Excluiranse as cancións que teñan contidos de carácter sexista, homófobo, racista, violento, discriminatorio, en d ef in it iva, con t id os in ad ecu ad os ou contrarios aos fins pedagóxicos e educativos do Correlingua ou que a organización considere pouco adecuados para o público destinatario.
6. Ademais do tema en formato MP3 deberase enviar unha pequena presentación da banda completa ou solista, unha fotografía, e indicar os seguintes datos: enderezo fiscal,
enderezo electrónico, teléfono e persoa de contacto, sitio web e link ás súas RRSS
7. As cancións participantes colgaranse na páxina correlingua.gal/cantalingua/ e publicitaranse por outras canles e redes sociais para que cheguen ao maior número de persoas posíbel. Tamén se creará unha playlist en Spotify que será compartida cos centros de ensino participantes do Correlingua.
8. O xuri estará integrado alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de centros participantes no Correlingua e por membros da organización do Correlingua, e
determinará os grupos ou solistas gañadores.
9. Os grupos seleccionados serán dados a coñecer en marzo de 2026 a través das R R S S do Correlingua.
10. O premio consistirá en actuar dentro da programación do Correlingua. As actuacións repartiranse entre os tres primeiros clasificados de maneira equitativa, cunha remuneración de:
600€ brutos* por actuación dun/ha solista
800€ brutos* por actuación de grupo ata 3 compoñentes
1.100€ brutos* por actuación de grupo ata 5 compoñentes
1.300€ brutos* por actuación de grupo de 6 ou máis compoñentes
No caso de que algún dos gañadores non puidera participar nalgún dos concertos a lista iría correndo até completar todas as datas cos grupos.
*Con todos os impostos e dereitos de autor incluídos
11. Todos os concertos serán pola mañá, no mes de maio de 2026 e terán unha duración aproximada de trinta minutos nos concertos compartidos e 50 minutos nos feitos en
solitario.
12. Para poder participar nas actuacións e Festas do Correlingua 2026 é imprescindible terse presentado ao Cantalingua.
13. Os grupos seleccionados comprométense a que todo o concerto e a comunicación dos grupos que actúen no Correlingua sexa integramente en galego. As letras deberán ser
axeitadas ao carácter pedagóxico da actividade e á idade do alumnado que vai de infantil a secundaria. O comportamento e a linguaxe empregada durante as actuacións debe
axustarse ao público.
14. En caso de incumprimento do punto anterior a organización do Correlingua reserva para si o dereito de cancelar os seguintes concertos do grupo e anular o premio concedido
inicialmente.
15. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.


