Da man de Culturactiva, volve a Galiza a compañía teatral madrileña Yllana, que celebra o seu XX aniversario coa súa revisión de “Muuu”, a obra coa que se deran a coñecer.
“Muuu” é o primeiro espectáculo de Yllana, creado en 1991 e que lles proporcionou 20 anos de éxitos e gargalladas. “Muuu” é unha sátira do mundo da tauromaquia, o sentido do humor o machismo, a valentía, a patria, a festa nacional… E de todos aqueles valores sacros e inquebrantables implícitos nun rito que enfronta, en pleno século XXI, ao home e á besta ao xeito do circo romano. Vinte anos logo da súa estrea, a polémica ao redor da tauromaquia ten hoxe maior vixencia que entón.
Estas son as súas datas galegas:
Venres 28 de setembro en Vigo ás 21h: 10 € https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=CNVCC&idEvento=3883
Sábado 29 de setembro en Pontevedra ás 21h: 12 € https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=02N&idEvento=3882
Domingo 30 de setembro en A Coruña ás 20h: 10 € https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=32&idEvento=3805
Ollade o trailer en youtube: