a compañía Yllana volve a Galiza, deste vez con “Chefs”

Abril 25, 2016

nota:

Yllana xira por Galicia con ‘Chefs’
A MITEU de Ourense, o Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, o Auditorio de Cangas, o Teatro Jofre ferrolán e o Principal da Estrada acollen as funcións desta xira, do 27 de abril ao 1 de maio
En Chefs, Yllana percorre o mundo da gastronomía co seu característico humor negro e a súa linguaxe universal e sen palabras

A compañía Yllana volve aos escenarios galegos a semana próxima cun novo espectáculo de teatro xestual e efectos visuais que xoga co formato televisivo, tan de moda, da alta cociña.
Chefs comeza esta xira na MITEU de Ourense, o mércores 27 de abril, ás 23 horas. Ó día seguinte vai ao Barco de Valdeorras, onde a función será no Teatro Lauro Olmo ás 20 horas. Xa o venres 29, Chefs estará ás 21 horas no Auditorio de Cangas. O sábado 30 é a quenda do escenario do Teatro Jofre ferrolán, onde a actuación está prevista para as 19 horas, e por último, o 1 de maio, volven baixar á provincia de Pontevedra para actuaren no Teatro Principal da Estrada ás 19 horas.

O protagonista desta peza, un chef de gran prestixio que perdeu a inspiración, ten que confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e novidosa e poder así manter as estrelas do seu restaurante. Ao tempo, o público percorrerá diferentes facetas do mundo da cociña: a nosa relación cos alimentos que inxerimos, os animais que nos alimentan, as diferentes cociñas e sabores do mundo… Sazonado todo cos egos e a competitividade entre estes cociñeiros e cociñeira “estrela”, e todo aquilo que vai caendo na cazola do humor absurdo de Yllana.
Yllana é creatividade. Creada en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, na actualidade diversificou a súa actividade no mundo das artes escénicas e audiovisuais. A súa aposta céntrase, aínda que non exclusivamente, nun humor sen palabras, irónico e interactivo, buscando no público a máis libre das gargalladas.

Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo. Desde o seu xenial encontro coa escena, Yllana produciu 25 espectáculos, entre os que cabe destacar: Muu!, Glub Glub, Star Trip, Los Mejores Sketches de Monty Python, Pagagnini, Brokers e Zoo, que se representaron en 44 países e foron vistos por preto de dous millóns de espectadores. Neste 2016 celebran as súas vodas de prata co público, e non hai mellor xeito de festexar este 25 aniversario que cun novo espectáculo: Yllana 25, que recompila os seus mellores gags.

– Ourense: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-de-ourense/6259–chefs-yllana-21-miteu.html, a 5 euros.
– O Barco de Valdeorras: están no despacho de billetes do Teatro Lauro Olmo unha hora antes da función, a 5 euros.
– Cangas: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-de-cangas/6209–yllana-presenta-chefs.html, a 10 euros.
– Ferrol: http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelFuncion.aspx, a 7 euros.
– A Estrada: pódense obter no Concello, desde o luns 25 de abril, de 9 a 14 horas, a 10 euros.

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

16 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook