A Compañía do Ruído

Maio 16, 2012

A Compañía do Ruído . Dez anos en boa compañía. (Folc/rock/ska…, Galiza)

…e xa van dez anos …e xa van 5 discos (autoproducidos, sempre!) ….e xa van centos de actuacións, milleiros de cancións, milleiros de bailes, de risas e amistades… e o traballo non para.

A Compañía do Ruído está formada por sete persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca o escarnio nas súas letras, que lanzan mensaxes combativas a través de ritmos bailables e divertidos.

Folk, rock, ska, corridos mexicanos, rumba, punk, ou regaae, entran na batidora da Compañía, procurando unir así o divertimento, e a resistencia social.

Con dez anos de traxectoria, A Compañía do Ruído ofrece un directo sólido, dinámico, e contundente, cargado de enerxía, imaxinación, e bo humor, cargado tamén de temas novos, pero tamén cancións súas de sempre, nun ano tan especial para a banda.

A Compañía parte da súa raíz principal, o ritmo, a festa e o ruído, cun espectáculo cheo de forza, intensidade, velocidade, e potencia, no que se misturan os ritmos e melodías de medio mundo, no que cantar e contar en boa Compañía…

Compoñentes:

Suso Bello. Voz, guitarra Carlos Mariño: Voz, guitarra Nando Pérez: clarinete, saxofón Sabela Olivares: piano, gaita Juancho Rivas. Gaita, whistle Manuel Blanco: Batería ismael Guisande: Tuba

AXENDA

Facebook