O festival A Candeloria, en Lugo, anuncia os horarios dos concertos

Febreiro 21, 2024

nota:

O festival lucense A Candeloria anuncia os horarios dos concertos. Máis dunha ducia de actuacións de grupos de rock, rap ou ska tocarán en Lugo os días 1 e 2 de marzo no Pazo de Ferias e Congresos.

O festival naceu en 2014 coa vontade de traer a Lugo unha programación musical de rock, rap, punk ou ska de primeiro nivel. Neste tempo consolidouse como un evento de referencia para os amantes do xénero. Para esta edición A Candeloria chega á cidade con dous días de música e as entradas case esgotadas.

Nesta edición, A Candeloria trae dúas noites de música e unha sesión vermú de Cantos de Taberna. Un dos pratos fortes da edición e a despedida do grupo valenciano ZOO, que tocará o día 1 de marzo ás 22:55. O seu paso por A Candeloria será a única parada en Galicia dunha banda que dende 2014 revolucionou a escena musical estatal. Os fans dos tamén valencianos Mafalda terán a oportunidade de velos o sábado ás 19:00. E non será a única despedida, o grupo Los Chikos del Maíz, vellos coñecidos do festival, anunciou recentemente unha “tregua indefinida” dende o próximo ano. Pasarán polo palco o sábado ás 23:30.

Completan o cartel do venres 1 de marzo Rebeliom do Inframundo, os galegos Familia Caamagno), Pigs Parlament, o grupo de rap Ira , Kamikazes e Jordi Pánico será o dj entre actuación e actuación. O sábado 2 de marzo pasarán polo palco, xunto a Chikos del Maíz e Mafalda, os xa parte da familia do festival Soziedad Alcoholika, a banda de ska punk italiana Talco, o dúo feminino Tribade e Arrhythmia. Tamén pasarán pola festa Me Fritos and The Gimme Cheetos e La Duendeneta animará entre actuacións.

 

HORARIOS COMPLETOS

VENRES 1

Kamikazes – 19:00

Familia Caamagno – 20:15

Ira – 21:25

ZOO – 22:55

Pigs Parlament – 00:55

Rebeliom do Inframundo – 02:15

Dj entre actuacións: Jordi Pánico

 

SÁBADO 2

Tribade – 17:45

Mafalda – 19:00

S.A – 20:35

Arrhythmia – 22:15

Los Chikos del Maíz – 23:30

Talco – 01:10

Me Fritos and The Gimme Cheetos – 02:30

Dj entre actuacións: La Duendeneta

O SÁBADO A MÚSICA TRASLÁDASE AOS BARES COS “CANTOS DE TABERNA”

A Candeloria completa a súa programación cos xa tradicionais Cantos de Taberna. Ata nove agrupacións pasarán por distintas tabernas da cidade lucense para animar o mediodía do sábado.

O festival realízase co patrocinio da Área de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Mahou e Contravento.

AXENDA

Facebook