A Candeloria 2015 presenta cartel e horarios definitivos: 27 e 28 de febreiro en Lugo.

Febreiro 05, 2015

nota:

Este ano o Festival da Candeloria pasará de encher o Clavicémbalo a ocupar o Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, un espacio de máis de 8000 m2 que se usará para ofrecer concertos, zona de acampada e moitas outras actividades.

A Candeloria 2015 achegará á Lugo dez das mellores bandas nacionais de rock, ska, hip-hop ou punk da actualidad. Os vindeiros 27 e 28 de febreiro a segunda edición do Festival levarase a cabo no Pazo de Feiras e Exposicións, complementado por outras actividades de interese coma o I Certame de Curtas e Videoclips, o I Concurso de Cantos de Taberna e unha Churrascada Popular.

O venres 27 contarase coa presenza dos seguintes grupos e baixo os horarios que se expoñen a continuación:

• Xenderal (22:00-22:50): Procedente de Cerceda, o rap e o reggae son as vías deste músico para denunciar e amosar a súa visión da realidade. O beatbox, a retranca e a contundente rima en galego son as súas mellores armas.

• Terbutalina (23:05-00:05): Este quinteto das Rías Baixas nado en 2010 leva dende o seu comezo inundando de intenso garage-punk as salas, festivais e festas de todo o país.

• Nao (00:15-01:25): Punteiros no rock duro galego, estreáronse en 2007 con “As palabras espidas” e levan xa catro discos onde misturan sentimentos e dureza, ademáis de ser os últimos gañadores dos Premios Galegos da Música.

• Boikot (1:40-3:10): Rock, punk, ska e toques metal son os sinais de identidade desta banda madrileña, que leva dende finais dos oitenta como referente do panorama estatal. Con trece discos no seu haber, cabe destacar a versión en galego do seu tema “Enloquecer” con Ruxe Ruxe.

• Liviao de Marrao (3:30-4:40): Esta banda composta por dez rapaces repite actuación na Candeloria para deleitarnos co seu disco Matança eta filhoak, no que mesturan punk ska, rock bravú e ritmos da música tradicional galega con letras humorísticas e de protesta.

O sábado 28 ofertaremos os seguintes concertos:
• Sokram (22:00-23:00): Este artista multidisciplinar é MC, artista urbano, deseñador, ilustrador e fotógrafo nos ratos libres, ademáis dunha das cabezas
máis proactivas do coñecido colectivo hip hop Dios ke te Crew.

• Ruxe-Ruxe (23:15-00:35): Considerados grupo de culto, levan 18 anos de andaina mesturando rock, punk, ska ou folke en galego, e son famosos polos seus potentes e enérxicos concertos e participacións en festivais.

• Habeas Corpus (0:50-2:10): En activo dende 1993, os Habeas Corpus aúnan assúas infinitas inquedanzas músicais cun forte compromiso ideoloxico. Con doce traballos de estudo as súas costas, achegan á Candeloria o seu directo demoledor.

• Arrhythmia (2:25-3-25): Estes lucenses apostan polo rock en galego con influencias de Stoner e de Hard Rock. Levan dende 2012 amosando nos
escenarios o seu único traballo discográfico chamado “III”, e xa tocaron con nós en anteriores ocasións.

• Los Chikos del Maíz (3:40-5:10): Los Chikos del Maíz, procedentes de Valencia, son os referentes máis destacados do hip-hop político nacional. Nega e Toni, e o DJ Bokah presentarán o seu novo disco titulado “La estanquera de Saigón” e cheo de sarcasmo, crítica social e referencias ao cine, á literatura, a cultura de masas e ós temas de actualidade.

Venta de entradas e transporte
O bono de dous días ten un prezo de 16 euros e pode adquirirse vía online na web Ticketea ou nos seguintes puntos físicos: Don Disco (Lugo), Discos Portobello (A Coruña), Peggy Records (Ourense), A Reixa Tenda (Santiago de Compostela), Miranda Cultura para levar (Santiago de Compostela), Tendas Tipo (Vigo).

Co obxectivo de abaratar os custes de desprazamento dos asistentes, contamos cunha serie de buses ofertados pola empresa ViajExpres.com que sairán os venres pola tarde dende A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo, León, Ponferrada e Ourense. Os billetes podénse adquirir na web de TicketBell e terán un prezo especial antes do 18 de febreiro. Por outra banda, se existen grupos de polo menos 15 persoas noutras cidades distintas ás mencionadas, éstes poden contactar con nós para concertar un bus dende o seu lugar de procedencia.

AXENDA