nota:
O xurado do I Concurso de Grupos Noveis das Revenidas, integrado por o organizador Xoán Quintáns, o xornalista Suso Piñeiro e o músico Xurxo Souto, decidiron por unanimidade que o gañador deste primeiro certame é grupo ourensá Maskarpone. Como premio tocarán no festival o xoves 18 e recibirán 300 euros de premio en metálico.
No concurso participaron 21 bandas galegas que só tiñan que cumprir o requisito de cantar en galego e non ter ningún disco publicado. Durante algo máis de dúas semanas os seguidores da páxina de Facebook das Revenidas estiveron votando por os seus favoritos. Os tres grupos que chegaron a final foron Supeoito, con máis de mil votos, Bocinazo con máis de seiscentos e Markarpone con 518.
Maskarpone é un grupo que mestura o ska, o reagge, rock e a música tradicional, polo que é un dos máis achegados o estilo do festival Revenidas. Esta banda fórmase en Ourense no 2009 e está integrado na voz por Lore, nas guitarras por David e Ton, na batería por Bush, no baixo por Champi, no acordeón por Berni, no saxo por Martinho e na trompeta por Iván.
O tema co que participaron no concurso é o seguinte: http://www.youtube.com/watch?v=JJPMtSJJG70
O obxectivo deste certame é darlle un espazo aos grupos galegos que están comezando para que o público poida coñecer novos talentos. Maskarpone compartirá escenario coa banda local Borderline79, The Lákazans e o showman Leo i Arremecaghona.
O 18 de xullo celébrase o X Aniversario das Revenidas por iso a organización decidiu ofrecer unha xornada de concertos gratuítos para agradecerlle ao público a fidelidade destes últimos 10 anos e conmemorar todos xuntos que o festival pasou de ser unha pequena iniciativa dunha asociación cultural a converterse nun dos festivais de referencia do verán galego.
Os dous días grandes do festival serán o 19 e 20 de xullo con un gran cartaz no que actuarán grupos de fóra de Galicia como Fermín Muguruza, Zuloak e Obrint Pas, pero no que se fará tamén unha homenaxe as grandes bandas galegas como Os Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe Ruxe, Zënzar ou Ültraqäns.