nota:
Unha banda anónima de músicos galegos, entre os que se encontran persoas afectadas pola estafa das preferentes, sacan á luz un CD onde combaten os tempos que vivimos cunhas letras reivindicativas e anti-capitalistas. O disco xa está á venda nos principais puntos de Galicia.
UN é o nome- simbolo, baixo o qué se agocha o proxecto dun músico ao que acompañan en directo outros cinco, e que se constituíu a principios do 2011. O obxectivo deste proxecto é crear temas musicais, que teñan como denominador común a denuncia social e as relacións persoais.
UN sae á luz como un grupo segredo, polo que, non aparecen nomes nos créditos do disco, nin quen compuxo os temas. A idea é que o grupo, en principio, non teña identidade e sexa un comando que actúa dende o anonimato; ata que se descubra a identidade dos compoñentes cando comecen as actuacións en directo.
Detrás das siglas UN hai un comando que ten como armas instrumentos musicais, os cales disparan cancións que denuncian a situación, do “ ESTADO DE SHOCK” no que estes individuos nos meteron. A impunidade dos poderosos, as estafas de bancos e caixas, os banqueiros, as preferentes, os desafiuzamentos, a miseria, o empobrecemento, a situación de mozas e mozos, os estudantes, a violencia de xénero, etc,etc.son o “leiv motiv” das creación de UN.