A banda Agoraphobia gaña o I Premio SonRías

Maio 28, 2013

nota:

A banda de rock Agoraphobia fíxose co premio do xurado no I Concurso SonRías Baixas (#SRB2013), o que lles permitirá ás cinco mozas boirenses que a compoñen actuar no XII Festival SonRías Baixas, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto en Bueu, xunto a bandas de referencia como os británicos The Toy Dolls, os italianos Talco, os madrileños Boikot ou Rulo e La Contrabanda.

Tamén actuará no SonRías a banda pontevedresa de metalcore melódico Vortex, gañadora do Premio Son Radio Galega.

E, en vista da enorme implicación do público, a organización decidiu crear ademais un accésit para a banda máis votada e ofrecerlle ao grupo pontevedrés de rock urbano Qué Desilusión! a oportunidade de actuar na festa de apertura do FestivalSonRías, a Troula Benvida, o xoves 1 de agosto no Aturuxo de Bueu e obter un premio en metálico de 300 euros.

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
Eis o segundo adianto do segundo disco de Caamaño&Ameixeiras.👏👏👏Raso Estudioo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook