nota.
Preparadas para a terceira escala do Sinsal Outono 14 en Vigo?
Si, os 65daysofstatic, o 28 de outubro. Formados en Sheffield en 2001, nun principio como trío (despois con varios cambios de compoñentes, até chegar ao cuarteto actual), 65daysofstatic é unha formación instrumental que se move polo post-rock de maneira moi persuasiva, cun estilo que nos inicios da súa carreira discográfica, alá por 2004, cando publicaron o seu LP de debut, “The Fall Of Math”, foi acertadamente descrito como “a banda sonora dunha nova dimensión onde o rock, o dance e a electrónica son iguais”. . A súa discografía consta de seis albums de estudio e un en directo, nove EPs e singles e dúas bandas sonoras. A última destas saíu en xuño co título de “No Man”s Sky: Music For An Infinite Universe” e recolle o soundtrack que compuxeron para “No Man”s Sky”, o novo videoxogo de Hello Games para Playstation 4.
Os de Sheffiedl veñén acompañados dos de Bristol, Si, Thought Forms están facendo xira con eles. Apadriñados por Geoff Barrow dos Portishead e Beak>, que tamén os fichou polo seu selo Invada, os Thought Forms son un trío de Bristol que crea unha linguaxe propia a partir dos vocabularios do rock psiquedélico, do noise e do shoegaze. Despois de varias aparicións en festivais e cos propios Portishead, os Thought Forms acompañan agora os 65daysofstatic na súa xira europea.
E onde podedes mercar as entradas? Por 10 euros en anticipada en Entradas Ataquilla.com Honky Tonk Discos Discos Elepe Versus Librería O mesmo día concerto (se quedan de anticipada) a billeteira abrirá media hora antes do concerto no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e as entradas terán un prezo de trece euros.