na foto, Sickeeper, que abren o ciclo
nota:
CUAC FM, a Radio Comunitaria da Coruña está de celebración. O pasado sábado 30 celebrouse na Sala Mardi Gras a final do XXV Concurso de Bandas e solistas CUAC FM. A banda Apart levou para Carballo o primeiro premio, 1000 euros e a banda de Vuelve Abril, levaron o segundo para Murcia. E entregouse o premio Eva Coyote á Mellor Banda local que foi para os punkrockeiros Wasted Wiltons que están en plena gravación do seu primeiro LP.
Con motivo desas vodas de prata, a asociación cultural con sede no Campus da Zapateira organiza un ciclo de cinco concertos en cinco das salas máis importantes da cidade grazas a un convenio co concello da Coruña. Serán oito as bandas coruñesas que visiten o Jazz Filloa, Garufa Club, Sala Mardi Gras, Sala Filomatic e La Disfrutona del Orzán. Ademáis, esta celebración virá acompañada do lanzamento dun fermoso obxecto que ainda non se pode desvelar. Os concertos serán de entrada gratuita, ainda que ofrecen a posibilidade de deixar na porta un donativo que se ingresará íntegramente na Cociña Económica.
Este venres 6 de outubro comenzan os concertos na Sala Filomatic ás 22 horas. As bandas Crowded e Sickeeper serán as encargadas de iniciar o ciclo.
No mes de outubro veremos tamén a Leticia Rey Quintet o día 24 no Jazz Filloa e o sábado 28 serán Las Antonias e Amoebo quen enchan de música a Sala Garufa. En novembro será a cita en La Disfrutona del Orzán con Somos La May e Krece, o sábado 11. Para pechar o ciclo, os Mixing Martines estarán en Mardi Gras o venres 22 de decembro.
Por último, esta conmemoración virá acompañada por un obxecto relacionado coa música galega do que non podemos adiantar máis detalles por agora.
Nestes vintecinco anos de concurso son preto de 3.000 as bandas e solistas que teñen presentado a súa música. Por citar so unha banda gañadora, os galegos de The Rapants, que recoñeceron nos escearios o importante que foi para eles aquel recoñecemento cando iniciaban a súa carreira.